Judit Varela ven de acadar o 7º posto no Cto. De Europa de Loitas Olímpicas celebrado en Estocolmo (Suecia), gañando 2 combates e cendendo en outros dous. Esta é a primeira vez que unha deportista Galega acada a clasificación para o cto. Do Mundo por clasificarse entre as 8 mellores deportistas na cita continental.
Tras a boa actuación da selección nacional feminina cadete no cto. Continental, clasificáronse de xeito directo para o mundial: Ana Torres (AND), María Victoria Báez (MAD), Judit Varela (GAL) e Raquel Rama (AND).
Judit Varela participará na categoría de 65kg en loita feminina, categoría na que esta tempada alzouse coa vitoria no campionato de España cadete e júnior.
Agardamos que nesta cita mundialista, Judit Varela continue cos bos resultados obtidos esta tempada.
* NOTA DE PRENSA de FEGALOITAS (Federacion Galega de Loitas e Disciplinas Asociadas)